cover
| |

XXXVII CERTAME DE ARTES 2024

Arquivo histórico · Publicación orixinal de 2024. Esta actividade ou convocatoria xa finalizou.


Cartel ou circular: XXXVII CERTAME DE ARTES 2024O Colexio e a ANPA La Salle Santiago convocan a artistas non-profesionais a participar na XXXVII CERTAME DE ARTES que se celebrará con motivo das festas colexiais a partir do día 25 de abril de 2024

CATEGORÍAS

Poderá participar calquera integrante da comunidade educativa La Salle, establecéndose as seguintes catro categorías: Infantil I Primaria I Secundaria I Bacharelato + Adultos.

OBRAS

As obras poderán ser de calquera disciplina: pintura, gravado, fotografía, ilustración… e deberán ser entregadas antes das 18 horas do martes 23 de abril de 2024, no caso dos alumnos de infantil e primaria na súa clase e no caso dos alumnos de ESO e Bacharelato na recepción do Colexio ou ao profesor Xabier Limia.
As obras que se presenten levarán un soporte ríxido (lenzo ou madeira) co seu enganche para poder ser colgadas (sen precisar marco) e levarán pola parte posterior a súa identificación nun papel branco pegado: nome e apelidos, categoría, clase con letra, idade e título do cadro. Cada artista poderá presentar unha obra.

PREMIOS

O xurado designado pola organización otorgará tres premios por cada categoría excepto primaria no que serán seis.

DATAS

Coas obras admitidas a concurso, a XXXVII Exposición de Artes Plásticas estará aberta a partir do día 25 de abril durante as festas colexiais.

Publicacións similares