CIRCULAR-CERTAME-ARTES-PLASTICAS-2018-001
|

XXXIV Exposición e XXIX Certame de Artes Plásticas

Arquivo histórico · Publicación orixinal de 2018. Esta actividade ou convocatoria xa finalizou.


O Colexio e a ANPA La Salle Santiago convoca a artistas non profesionais a participar na XXXIV Exposición e XXIX Certame de Artes Plásticas que se celebrarán con motivo das festas colexiais a partir do día 16 de abril de 2018.

Categorías

Poderá participar calquera integrante da comunidade educativa La Salle, establecéndose as seguintes catro categorías: Infantil / Primaria / Secundaria / Bacherelato + Adultos

Cartel ou circular: XXXIV Exposición e XXIX Certame de Artes PlásticasObras

As obras poderán ser de calquera disciplina: pintura, gravado, fotografía, escultura, cerámica, ilustración,… e deberán ser entregadas na recepción do Colexio ata as 18 horas do venres 13 de abril de 2018 cubrindo nese momento unha ficha de identificación. As obras que se colguen levarán un soporte ríxido (lenzo ou madeira) co seu enganche para poder ser colgadas, sen precisar marco. Cada artista poderá presentar cantas obras desexe.

Datas

Coas obras admitidas a concurso, a XXXIV Exposición de Artes Plásticas será inaugurada o día 16 de abril ás 17:45 horas na Sala de Conferencias xunto coas obras de diferentes ilustradores e ilustradoras da colección de El Patio Editorial.

Premios

O xurado designado pola organización outorgará tres premios por cada categoría.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *