Día da Familia Anpa La Salle Santiago
|

X Día da Familia Anpa La Salle

Arquivo histórico · Publicación orixinal de 2019. Esta actividade ou convocatoria xa finalizou.


Cartel ou circular: X Día da Familia Anpa La Salle · imaxe 1 de 2Data: DOMINGO 16 DE XUÑO DE 2019

10:20 ENCONTRO NO PATIO DO COLEXIO

Os coches no aparcamiento do Colexio con entrada por Santa Clara. Non no patio.

10:30 INICIO DE COMPOSTELA. ROTEIRO E XOGO DE CIDADE EN FAMILIA

Este ano, co noso roteiro por Santiago queremos coñecer un pouco mellor a algunha das mulleres que fixeron medrar a nosa cidade e a nosa sociedade. No camiño faremos probas de todo tipo e para todas as idades mentres desfrutamos das rúas de Compostela. Os equipos estarán formados por adultos, rapaces e rapazas con ganas de aprender, compartir e pasalo ben. Faremos tamén dúas paradas para escoitar a voz da escritora ANNA FIGUEIRIDO e a música de CRISTINA CASTRO

14:00 OFRENDA. PHOTOCALL. Patio de La Salle. SESIÓN VERMÚT con DJ Gramola

Cartel ou circular: X Día da Familia Anpa La Salle · imaxe 2 de 214:30 XANTAR. Polbo, churrasco, entrantes, sobremesas, bebibas e café

16:00 E toda a tarde, a partir das catro, actividades para maiores e pequen@s

  • Gravación dun FLASHMOB entre todas as persoas asistentes
  • INCHABLES
  • FESTA DA ESCUMA. Se non chove… e lembrade traer roupa de reposto
  • TALLER DE CAMISETAS. TALLER PINTACARAS.
  • KARAOKE e MANUALIDADES.
  • COMPETICIÓNS DEPORTIVAS.
  • MERENDA: Carrito de xeados XEARTE BRIGITTE + Mesa doce de ENDÚLZATE A VIDA

INSCRICIÓNS E RESERVAS

PREZO XANTAR: ADULTOS 15€ – NEN@S: 6€ (ata 6 anos gratis). Pago o mesmo día.
Nome da Familia: _________________________________________ Tfno ________________

NomeAlumn@: _______________________________________________________________

Clase ___________ Mail ________________________________________

PERSOAS ASISTENTES: RUTA COMPOSTELA: _______ Adultos e _______ Nen@s

XANTAR: _______ Adultos e _______ Nen@s de +6 anos

CON QUEN QUEREDES XANTAR? Nenas e nenos terán unha carpa habilitada para que poidan xantar xunt@s. E opcionalmente se queredes vincular a vosa reserva á doutros grupos para xantar xunt@s indicade en todas as reservas o nome do grupo:
______________________
InscrÍbete no mail INFORMACION@ANPALASALLESANTIAGO.ES

Publicacións similares