obradoiro-moviles-2017
| |

Uso de móviles para persoas a partir dos 50

Arquivo histórico · Publicación orixinal de 2017. Esta actividade ou convocatoria xa finalizou.


Seminario práctico en DÚAS sesións de 90 minutos.

Esta iniciativa promovida por ATEGAL e Fundación Vodafone chamada “Smart ATEGAL Ageing Plus”, inclúe a formación de persoas de mais de 50 anos no uso dos novos teléfonos móviles e o acceso a Internet dende os mesmos. Mostraranse as diferentes posibilidades que ofrecen estes dispositivos, como utilizalos, para que nos poden servir e que aplicacións poden usar en función dos seus gustos e preferencias, especialmente para o contacto con familiares e amigos.

Os/as asistentes recibirán material gratuito.

Imparten

ATEGAL, Asociación cultural galega de formación permanente de adultos -Aulas 3ª Idade de GaliciaFundación Vodafone.

Datas e hora

Martes 14 e mércores 15 de marzo de 2017.

De 15:45 a 17:15 horas. Punto de encontro: portería do Colexio.

Inscricións

Inscrición previa obrigatoria no buzón de portería indicando nome e teléfono ou no mail informacion@anpalasallesantiago.es.

Actividade de balde.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *