Tes problemas coa alta en MiAMPA?

Se non podes completar a alta en MiAMPA, podes usar este formulario alternativo. A AFA tramitará despois a alta manualmente.

Como funciona

  1. Cubre o formulario cos datos das persoas titoras e do alumnado necesarios para crear a familia en MiAMPA.
  2. A AFA revisará os datos e tramitará a alta manualmente.
  3. Se escolles Bizum, a mensaxe para autorizar o pagamento non chega ao enviar o formulario: recibirala despois de que a AFA complete a alta.
  4. Se autorizas voluntariamente o contacto por WhatsApp, poderemos escribirche unicamente para completar esta tramitación. Non é obrigatorio.

Protección de datos: Responsable: Asociación de Nais e Pais de Alumnos Colexio La Salle Santiago (AFA La Salle Santiago). Finalidade: tramitar a alta da familia socia, xestionar a cota e prestar os servizos solicitados. Base xurídica: a solicitude de alta, o cumprimento das obrigas da asociación e, para WhatsApp, o consentimento específico e revogable. Os datos introdúcense posteriormente en MiAMPA, plataforma prestada por HEXAMOB S.L. como encargada do tratamento. Os formularios e documentación auxiliar conservaranse ata o final do curso, sen prexuízo dos prazos legais aplicables aos rexistros contables e de socios. Podes exercer os teus dereitos en contacto@afalasallesantiago.org. Consulta a Política de privacidade.

Importante: o DNI/NIE e o domicilio solicítanse porque son datos requiridos pola plataforma MiAMPA para cada persoa titora. Non empregaremos eses datos para outras finalidades incompatibles.