Taller de manualidades La Salle
|

Taller de manualidades en familia

Arquivo histórico · Publicación orixinal de 2021. Esta actividade ou convocatoria xa finalizou.


A ANPA do Colexio La Salle en colaboración con El Taller de MaruSana organiza unha divertida tarde de manualidades en familia onde as nais e pais cos seus fillos e fillas poderán desfrutar elaborando bonitos adornos de Nadal. A sesión, cunha duración de dúas horas, celebrarase no comedor do Colexio e será necesaria a inscrición previa na web da ANPA. O aforo máximo é de 20 persoas e poderán apuntarse adultos e nenos cun máximo de 4 por inscrición. Se fose de interese organizaranse máis sesións.

Inscricións pechadas.

Publicacións similares