Taller-de-Manualidades-cover
| |

Taller de Manualidades de Nadal 2023

Arquivo histórico · Publicación orixinal de 2023. Esta actividade ou convocatoria xa finalizou.


A ANPA do Colexio La Salle en colaboración con Moniria organiza un curso de Manualidades de Nadal en dúas datas. Os días 12 e 13 de decembro en dúas quendas*. Unha de 17 a 18:30 h. e a segunda de cada día de 18:45 a 20:15 h.

*Máximo 15 nenas/os por quenda.

Realizaremos pequenos adornos que poderedes colgar na árbore como: anxos de papel, estrelas e bolas de pasta de modelado, estrelas e rosetas de papel, simpáticos gnomos de la,… Decoraremos as postais de Nadal e a bolsa onde levaredes todo o creado no curso. Elaboraremos árbores de Nadal con diferentes materiais: tea, corda, fío, papel…

Material necesario para a actividade. Levaremos de casa o seguinte material:

  • pegamento de barra
  • bolígrafo gastado
  • 1 tesoira
  • 1 regra pequena

E para rematar, non podía faltar Rudolf!!!

Inscricións pechadas.

Publicacións similares