PROTECCIÓN DE DATOS

Política de privacidade

Información sobre como coidamos os datos das familias, das persoas responsables do alumnado e de quen contacta coa AFA.

Última actualización: 10 de setembro de 2026.

1. Responsableable do tratamento

A responsable é a Asociación de Nais e Pais de Alumnos Colexio La Salle Santiago, que utiliza publicamente a denominación AFA La Salle Santiago, con NIF G15134661 e domicilio social na Praza de San Xoán Bautista de La Salle, 1, 15704 Santiago de Compostela. Está inscrita no Censo de ANPAS da Consellería de Educación da Xunta de Galicia co número 121.

Podes contactar ou exercer os teus dereitos escribindo a contacto@afalasallesantiago.org.

2. Que datos tratamos

  • Datos identificativos, DNI/NIE, enderezo e datos de contacto das persoas titoras cando sexan necesarios para a alta en MiAMPA.
  • Datos mínimos do alumnado para vincular a unidade familiar: nome, apelidos e curso ou clase.
  • Condición de familia socia, curso escolar, cota, medio e estado do pagamento e xustificantes.
  • Datos de solicitudes e servizos, incluído o Banco de Uniformes: código de familia, prenda, talle, cantidade, estado e entrega.
  • Contido de consultas e incidencias enviadas por web, correo, MiAMPA, redes sociais ou WhatsApp.
  • Datos técnicos necesarios para a seguridade e o funcionamento da web.

Non solicitamos datos de saúde nin publicamos imaxes identificables do alumnado. Se unha actividade futura necesitase datos especialmente protexidos ou imaxes, facilitarase información específica e solicitarase, cando corresponda, un consentimento separado.

3. Finalidades e bases xurídicas

  • Alta e relación asociativa: tramitar a alta, manter o rexistro de familias socias, verificar a condición de socio/a e prestar os servizos asociados. Base: relación asociativa e medidas solicitadas pola familia (art. 6.1.b RGPD) e obrigas legais (art. 6.1.c).
  • Cotas e pagamentos: cobrar, conciliar e acreditar a cota, e xestionar incidencias ou devolucións. Base: art. 6.1.b e 6.1.c RGPD.
  • Consultas: atender e responder pola canle utilizada. Base: medidas solicitadas pola persoa interesada ou interese lexítimo en atender comunicacións (art. 6.1.b ou 6.1.f).
  • Información ás familias socias: enviar convocatorias, avisos de cota, actividades e información vinculada á relación asociativa. Base: art. 6.1.b e, cando proceda, obrigas legais. A familia pode solicitar non recibir información non imprescindible.
  • WhatsApp: contactar individualmente para completar unha alta, pagamento ou servizo, cando a persoa escolle e autoriza esa canle. Base: consentimento (art. 6.1.a). A alternativa é o correo electrónico.
  • Grupos de colaboradores en WhatsApp: incorporar exclusivamente persoas adultas que o soliciten, informando previamente de que o número, nome de perfil, foto e mensaxes serán visibles para as demais integrantes. Base: consentimento.
  • Banco de Uniformes: xestionar solicitudes, control, aviso e entrega. Base: prestación do servizo solicitado (art. 6.1.b).

4. Provedores e destinatarios

Non cedemos datos a terceiros salvo obriga legal ou cando resulte necesario para prestar un servizo solicitado. Poden acceder como provedores: Dinahosting, para o aloxamento da web; Google Workspace, para correo, Drive e formularios; e HEXAMOB S.L., como encargado da plataforma MiAMPA.

MiAMPA xestiona as altas e pagamentos e pode utilizar os provedores e subencargados indicados nas súas propias condicións, entre eles servizos de autenticación, aloxamento, correo e pasarela de pagamento. Os pagamentos por tarxeta ou Bizum tramítanse mediante MiAMPA, a pasarela e as entidades financeiras correspondentes; a AFA non solicita nin conserva os datos completos das tarxetas.

Instagram, Facebook e WhatsApp son servizos de Meta. As interaccións nesas plataformas quedan tamén suxeitas ás súas condicións. Para trámites que requiran máis datos persoais ofrecemos sempre o correo electrónico como alternativa.

5. Transferencias internacionais

Algúns provedores tecnolóxicos poden tratar datos fóra do Espazo Económico Europeo. Cando isto ocorra, deberá existir unha garantía válida, como unha decisión de adecuación, o Marco de Privacidade de Datos UE‑EUA ou cláusulas contractuais tipo.

6. Conservación

  • Datos da relación asociativa: mentres estea vixente e, despois, bloqueados durante os prazos de posibles responsabilidades.
  • Documentación económica e xustificantes: durante os prazos fiscais, contables e legais aplicables.
  • Respostas do formulario alternativo e formularios en papel: ata finalizar o curso; despois eliminaranse de forma segura, unha vez trasladados a MiAMPA os datos necesarios.
  • Consultas por correo, formulario, redes sociais ou WhatsApp: ata finalizar o curso, salvo xestión ou reclamación pendente.
  • Banco de Uniformes: durante o curso correspondente; o rexistro en papel destruirase de forma segura ao rematar.
  • Consentimentos: mentres estean vixentes e, tras a retirada, bloqueados durante o tempo necesario para acreditalos.

7. Menores

Os datos do alumnado serán facilitados por quen exerza a patria potestade ou tutela. Aplicamos minimización: só pedimos os datos necesarios para identificar a unidade familiar, o curso ou o servizo, e non publicamos fotografías nin vídeos de menores identificables.

8. Dereitos

Podes solicitar acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade cando corresponda, e retirar calquera consentimento sen afectar á licitude do tratamento anterior. Escribe a contacto@afalasallesantiago.org ou ao domicilio indicado. Poderemos solicitar a información mínima necesaria para comprobar a identidade.

Se consideras que os teus dereitos non foron atendidos, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos.

9. Seguridade e actualizacións

Aplicamos medidas físicas, organizativas e técnicas para protexer a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos datos. Esta política actualizarase cando cambien os tratamentos, provedores ou requisitos legais.

Consulta tamén o Aviso legal e a Política de cookies.