2º edición primeiros auxilios
| | |

Nova edición do taller de primeiros auxilios e soporte vital básico (SVB) con DESA

Arquivo histórico · Publicación orixinal de 2026. Esta actividade ou convocatoria xa finalizou.


 

 

Tras o interese e a boa acollida da primeira sesión, desde o ANPA La Salle Santiago organizamos unha nova edición do taller de primeiros auxilios e soporte vital básico (SVB) con DESA, dirixido ás familias.

Unha formación práctica e accesible, pensada para aprender como actuar ante situacións de emerxencia no día a día.

📚 Que aprenderás

  • Primeiros auxilios básicos
  • Soporte vital básico (SVB)
  • Uso do DESA
  • Actuación ante emerxencias habituais

👨‍⚕️👩‍⚕️ Instrutores

Fernando Souto

Cristina Míguez

📍 Información do taller

📅 Data: 27 de maio
⏰ Horario: 16:00 – 19:00
📍 Lugar: Audiovisuais 1 – La Salle Santiago
🚪 Entrada por portería
👥 Prazas limitadas

📝 Inscrición

As inscricións realizaranse a través do seguinte formulario:

👉 Inscricións pechadas.

💚 Unha formación que pode marcar a diferenza

Saber actuar nos primeiros minutos dunha emerxencia pode salvar vidas. Este taller busca achegar ás familias ferramentas prácticas, útiles e fáciles de aplicar.

Publicacións similares