Taller-de-Manualidades-cover
|

Taller de Manualidades de Nadal

Arquivo histórico · Publicación orixinal de 2022. Esta actividade ou convocatoria xa finalizou.


A ANPA do Colexio La Salle en colaboración con Moniria organiza un curso de Manualidades de Nadal en dúas datas. Os días 30 de novembro e o día 1 de decembro en dúas quendas*. Unha de 17 a 18 h. e a segunda de cada día de 18:15 a 19:15 h.

*Máximo 15 nenas/os por quenda.

Realizaremos pequenos adornos que poderedes colgar na árbore como: anxos de papel, estrelas e bólas de pasta de modelado, estrelas e rosetas de papel, simpáticos gnomos de la,…

Decoraremos as postais de Nadal e a bolsa onde levaredes todo o creado no curso.

Elaboraremos árbores de Nadal con diferentes materiais: tea, corda, fío, papel…

Material necesario para a actividade. Levaremos de casa o seguinte material:

  • calcetíns, un branco e outro de cor.
  • un bote de vidro sen etiquetas.
  • 1 tesoira.
  • 1 regra

E para rematar, non podía faltar Rudolf!!!

Inscricións pechadas.

Publicacións similares