asamblea extraordinaria 16.06.2026 instagram
| |

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

Arquivo histórico · Publicación orixinal de 2026. Esta actividade ou convocatoria xa finalizou.


A Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) La Salle Santiago de Compostela, de conformidade co disposto nos seus Estatutos, convoca ás persoas asociadas á Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o vindeiro:

📅 16 de xuño de 2026

🕒 Primeira convocatoria: 15:30 horas
🕓 Segunda convocatoria: 16:00 horas

📍 Lugar: Audiovisuais 1 · Colexio La Salle Santiago

Orde do día

  1. Lectura e aprobación das actas anteriores.
  2. Presentación da proposta de modificación dos Estatutos da Asociación de Familias do Alumnado (AFA) La Salle Santiago de Compostela.
  3. Aprobación, se procede, da modificación estatutaria e do texto refundido dos Estatutos da Asociación de Familias do Alumnado (AFA) La Salle Santiago de Compostela.
  4. Facultar á Presidencia e á Secretaría para realizar cantas actuacións sexan necesarias para a execución dos acordos adoptados e para a súa tramitación e inscrición ante os organismos competentes.
  5. Rogos e preguntas.

Documentación

A documentación e información relativa aos asuntos incluídos na orde do día estará á disposición das persoas asociadas na Secretaría da Asociación e tamén podes consultala aquí: PROPOSTA ESTATUTOS AFA LA SALLE SANTIAGO

Delegación de voto

As persoas asociadas que non poidan asistir á Asemblea poderán exercer o seu dereito de representación mediante delegación de voto, conforme ao previsto nos Estatutos. O modelo correspondente está dispoñible aquí para a súa descarga: Delegación de voto Asamblea Extraordinaria 16.06.2026

Co fin de facilitar a asistencia das familias e favorecer a conciliación familiar, a ANPA porá á disposición das persoas socias asistentes a ludoteca de xeito gratuíto durante a celebración da Asemblea, ata as 17:30 horas.

Dada a importancia dos asuntos a tratar, agradecemos a asistencia e participación das familias asociadas.

 

 

Publicacións similares