cartaz entroido 2026
| |

Concurso de Cartaz do Entroido ANPA La Salle – Alumnado de Bacharelato

Arquivo histórico · Publicación orixinal de 2026. Esta actividade ou convocatoria xa finalizou.


🎭 Desde a ANPA La Salle Santiago convidamos a todo o alumnado de Bacharelato a participar no noso Concurso de Cartaz do Entroido, unha iniciativa creativa para deseñar a imaxe oficial da Festa de Entroido da ANPA.

É unha oportunidade perfecta para dar renda solta á imaxinación, expresar o espírito do Entroido e formar parte dun evento moi especial para toda a comunidade educativa.

 

✏️ Bases do concurso:

👉 Técnica libre:
Pódese empregar debuxo, pintura, collage ou creación dixital (en formato JPG ou PDF de boa resolución).

👉 Formato:
DIN A4 ou A3 en vertical.
O cartaz debe incluír o texto:
“Festa de Entroido – ANPA La Salle”

👉 Datos do autor/a:
Cada cartaz deberá levar no reverso (ou nun documento anexo se é dixital):

  • Nome e apelidos

  • Curso

📍 Onde se entrega?

✔️ En formato físico: no centro educativo, en portaría, a nome da ANPA
✔️ En formato dixital (PDF ou JPG):
📧 informacion@anpalasallesantiago.es

📅 Data límite de entrega:

🗓️ 5 de febreiro de 2026

🏆 Premio:

O cartaz gañador converterase na imaxe oficial da Festa de Entroido da ANPA e o seu autor/a recibirá como premio unha:

🎬 Tarxeta bono Cinesa con 5 entradas

 

✨ Animamos a todo o alumnado de Bacharelato a participar e a encher o Entroido de cor, creatividade e ilusión.

Agardamos con ganas ver todas as vosas propostas!

Publicacións similares