Campaña de socios/as 2026/27
Xa está en marcha a campaña de socios e socias da AFA para o curso 2026/27. Cunha cota de 30 € por familia, axúdasnos a converter propostas en accións.
30 €
por familia · curso 2026/27
Que fas posible coa túa cota?
- Servizos e iniciativas para apoiar ás familias.
- Actividades, encontros, charlas e obradoiros.
- Unha representación máis forte das familias.
- Novos proxectos para mellorar a vida da comunidade educativa.
Unha soa alta para toda a familia
A cota é anual e cobre toda a unidade familiar. A alta e o pagamento realízanse a través de MiAMPA.
Facerte socio/a tamén che permite participar nas asembleas e nos espazos de decisión segundo os estatutos da asociación, propoñer iniciativas e colaborar no traballo da AFA.
Cada familia que se suma dálle máis forza á comunidade.






