Xuntos facemos comunidade
Detrás de cada neno e cada nena hai unha familia, unha historia, unhas ilusións e unhas ganas enormes de velos medrar felices.
A AFA somos todas esas familias que decidimos non quedar á marxe. Para apoiar, impulsar, compartir e facer que o colexio sexa moito máis que un lugar onde aprender.
Porque o colexio que queremos para os nosos fillos e fillas tamén o construímos nós.

Isto tamén é para ti
Quizais penses que a AFA non vai contigo. Que non tes tempo. Que non participas nas actividades. Ou que a túa achega non vai cambiar nada. Pero formar parte non significa estar en todo.
Non teño tempo
Non necesitas ter tempo para todo. Facerte socio/a xa é unha forma de sumar.
Isto non vai comigo
A AFA traballa polo colexio no que medran os teus fillos. Tamén vai contigo.
Xa hai quen se encarga
Si, pero cantas máis familias participamos, máis podemos facer por todos os nosos fillos e fillas.
Un novo nome. Unha nova forma de facer comunidade.
01 · POR QUE AFA?
Porque todas as familias contamos.
ANPA dá paso a AFA, Asociación de Familias de Alumnos, para representar mellor a realidade das familias de hoxe.
Familias diferentes, realidades diferentes e distintas formas de participar.
Unha comunidade aberta, na que todas temos o noso lugar.
02 · AGORA, CADA FAMILIA CONTA MÁIS
A AFA sostense directamente grazas ás familias.
A partir de agora, a inscrición e a cota realízanse directamente coa AFA.
Isto significa que a forza da asociación depende de nós.
Cantas máis familias sexamos, máis poderemos facer polos nosos fillos e fillas.
Que facemos?
Representamos
Escoitamos a túa voz. Recollemos as necesidades e propostas das familias e trasladámolas, favorecendo o diálogo e a colaboración coa comunidade educativa.
Informamos
Para que esteas ao día. Facilitamos información útil sobre actividades, iniciativas e todo aquilo que pode interesar ás familias.
Participamos
Para facer que as cousas pasen. Impulsamos actividades, servizos e proxectos que contribúen a mellorar o día a día dos nosos fillos e fillas.
A túa cota convértese en acción
A túa achega fai posible que a AFA siga apoiando, impulsando e representando ás familias durante todo o curso.
Porque cando moitas familias sumamos, podemos facer moito máis polos nosos fillos e fillas.
- Apoias actividades, proxectos e recursos para enriquecer a súa experiencia no colexio.
- Das forza á voz das familias e á nosa capacidade para propoñer e colaborar.
- Axudas a manter iniciativas que acompañan ás familias e favorecen unha comunidade máis solidaria.
- Contribúes a que novas propostas poidan facerse realidade.
30 € por familia e curso · Alta e pagamento a través de MiAMPA.
Actualidade e recursos
Últimas novas
Consulta actividades, convocatorias, acordos e información de interese para as familias.
Que facemos
Descubre os proxectos, recursos e iniciativas que facemos posibles entre todos/as.
Non se trata do que pode facer unha familia.
Trátase do que podemos facer todas xuntas.
30 € ao ano por familia
